InicioSociedadePontón enxalza o traballo do alcalde de Mondariz, un municipio que necesita...

Pontón enxalza o traballo do alcalde de Mondariz, un municipio que necesita “máis BNG”

Destacou o seu carácter "dialogante" nunha persoa "traballadora, con ideas e con valetía para levalas a cabo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, enxalzou a figura do alcalde Xosé Emilio Barros, que aspira a revalidar coa formación frontista a Alcaldía obtida en 2019 no municipio pontevedrés de Mondariz, un concello “que necesita máis BNG”.

Na tarde deste sábado, a líder nacionalista participou no lanzamento da candidatura de Barros, de quen destacou o seu carácter “dialogante” nunha persoa “traballadora, con ideas e con valetía para levalas a cabo”.

“O próximo 28 de maio a veciñanza de Mondariz vai dar un apoio maioritario ao BNG para que Xosé Emilio lidere un goberno municipal con máis forza e con máis capacidade para seguir avanzando e mellorando, para que este concello siga a senda de progreso e de benestar que iniciou fai catro anos”, sinalou.

Segundo recolle un comunicado, Pontón reivindicou o camiño aberto con Barros fai catro anos, que abriu “un tempo novo de transformación e de modernización en Mondariz”, con “fitos” como o de “reverter” a perda de poboación no municipio.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...