InicioPolíticaO BNG pedirá no Pleno o rexeitamento a dous parques de eólica...

O BNG pedirá no Pleno o rexeitamento a dous parques de eólica mariña a 40 km de Cíes

Alertan do seu impacto en actividades como a pesca ou o marisqueo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentará unha moción no próximo pleno municipal de Vigo para que a Corporación exprese o seu rexeitamento á instalación de dous parques de éolica mariña a uns 40 quilómetros das illas Cíes, e para que reclame tanto á Xunta como ao Goberno central que paralicen estas iniciativas, bautizadas como ‘Volanteiro’ e Celta II’, e impulsadas por Ferrovial e Capital Energy.

Nunha rolda de prensa, o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, explicou que eses dous parques, con 34 aeroxeradores cada un, terán un “evidente impacto” non só ambiental, senón tamén socioeconómico, porque prexudicarán a actividades “estratéxicas” como a pesca e o marisqueo.

Ademais, incidiu, as instalacións van acompañadas de infraestrutura como cableado, tamén en terra, e a súa regulación aínda está en pleno desenvolvemento. Finalmente, sinalou que os galegos “soportan” os custos de producir unha enerxía que exportan a outras rexións que, como a Comunidade de Madrid, “non teñen nin un só aeroxerador”.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...