InicioSociedadeCorte de tráfico nun tramo da A-55 para a noite do xoves...

Corte de tráfico nun tramo da A-55 para a noite do xoves polas obras da vía rápida Tui-A Guarda

O obxectivo é a montaxe das vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, para dar servizo aos ramais da mesma, ao tronco da vía de alta capacidade e á conexión coa N-551

PUBLICADO O

- Advertisement -

O avance nas obras da vía de alta capacidade Tui-A Guarda entre as ligazóns da autovía A-55 e Areas fará necesario un corte de tráfico nocturno entre o xoves e o venres da próxima semana. En concreto, o corte realizarase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55. Comezará ás 22,00 horas da noite do xoves 23 e finalizará ás 06,00 horas da mañá do venres 24.

Segundo detallou a Xunta, o obxectivo é a montaxe das vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, para dar servizo aos ramais da mesma, ao tronco da vía de alta capacidade e á conexión coa N-551

Como itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada PO-340, incorporándose á N-550 e despois á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa. Este itinerario implica un tempo de percorrido de entre oito e dez minutos.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...