O xornalista e escritor Ceferino de Blas faleceu este domingo aos 79 anos. De Blas foi unha figura relevante do xornalismo das últimas décadas, escritor e cronista de Vigo durante moitos anos.
De Blas, asturiano de nacemento, desenvolveu practicamente toda a súa carreira no grupo Prensa Ibérica, principalmente en Faro de Vigo, diario decano da prensa nacional, do que foi director e directivo durante varias décadas. Anteriormente fora delegado da Axencia EFE en Asturias e exercera noutros medios desa comunidade.
Nas redes sociais, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que tanto o xornalismo como a literatura galega non se entenderían sen a impacto de Ceferino de Blas. “Galicia perde hoxe a un xornalista e escritor de referencia, pero Vigo a un dos maiores coñecedores da súa historia. O meu afecto para a súa familia e para Faro de Vigo”, sinala Roda na súa mensaxe.
Tamén a través das redes sociais, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o falecemento do xornalista “cronista oficial da cidade”. “Gran vigués, gran amigo, sempre no noso corazón e na nosa memoria”, despídese o rexedor.
