InicioSucesosO xuízo polo tráfico de gases refrixerantes prohibidos iniciarase este luns na...

O xuízo polo tráfico de gases refrixerantes prohibidos iniciarase este luns na Audiencia de Pontevedra

A venda de clorodifluorometano está prohibida por normativa europea debido a que se trata dun produto que destrúe a capa de ozono.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuízo contra varios empresarios galegos e lusos acusados de traficar cun gas refrixerante prohibido (por destruír a capa de ozono) celebrarase desde este luns na sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra –está fixado durante catro días ata o xoves–, despois de que en marzo de 2022 un xulgado do penal de Vigo decidise derivar este caso á instancia provincial debido a que o delito que se xulga pode levar aparelladas penas de prisión superiores á súa competencia.

A Fiscalía pide penas de máis de 2 anos de cárcere, así como multas que van de 54.000 a 72.000 euros, para varios empresarios e as súas sociedades que están acusados de comerciar con gases refrigerantes prohibidos. Segundo o escrito de acusación do ministerio público, un dos acusados é responsable dunha empresa afincada na cidade olívica e que, polo menos desde 2010, vendía gas clorodifluorometano, coñecido polo seu nome comercial como gas R22, que se utiliza para refrixeración industrial e de buques.

A venda deste gas está prohibida por normativa europea debido a que se trata dun produto que destrúe a capa de ozono, aínda que se contempla a excepción de que se poida importar, reenvasar e exportar a outros países non comunitarios. Tamén se permite vender en territorio da UE se previamente se rexenera.

A Fiscalía sostén que esta empresa e o seu responsable venderon o gas sen rexenerar, a propósito de que estaba prohibido, a outras empresas, que tamén están acusadas neste procedemento xunto aos seus responsables, e a buques. O ministerio público considéraos responsables dun delito de tráfico ilegal de sustancia destrutora do ozono, e solicita para cada do catro persoas acusadas nesta causa (dúas delas con documento portugués) a pena de 2 anos e 3 meses de cárcere, multa de 66.000 euros e 9 anos de inhabilitación para comerciar con gases refrixerantes.

Para a empresa galega que vendía o gas pide multa de 72.000 euros e a prohibición de realizar operacións de comercio de gases refrixerantes durantes 2 anos; para outra empresa galega que compraba o produto e o distribuía pide multa de 54.000 euros, a mesma multa que para outra empresa portuguesa que adquiriu o gas.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...