InicioSociedadeO BNG de Vigo presenta as bases do seu programa electoral e...

O BNG de Vigo presenta as bases do seu programa electoral e convida os cidadáns a facer as súas propostas

Sinalou que en pouco máis de tres meses, os vigueses poderán co seu voto "trazar un novo rumbo" e acabar coa "inercia paralizante" e a "política frívola" do actual goberno local

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo presentou este venres as bases do seu programa electoral de face aos comicios municipais de maio, e puxo sobre a mesa unha proposta “aberta” para que os cidadáns fagan as súas achegas.

O concelleiro nacionalista e candidato, Xabier Pérez Iglesias, presentou os principais eixos do seu programa, para leva a “Vigo máis aló”, recuperando o seu papel como “pulmón industrial” de Galicia, a súa potencia cultural, e convertendo a cidade nunha urbe “habitable, verde e igualitaria”.

Pérez Iglesias destacou que, en pouco máis de tres meses, os vigueses poderán co seu voto “trazar un novo rumbo” e acabar coa “inercia paralizante” e a “política frívola” do actual goberno local, que “pretende reducir Vigo a un parque temático”.

Así, apostou por ofrecer solucións ao “grave” problema de vivenda, chamou a “democratizar o espazo público”, ou a “revolucionar a mobilidade”, con medidas para protexer aos colectivos vulnerables, para crear oportunidades que freen o éxodo de mozos, plans de reactivación económica, de impulso ao pequeno e mediano comercio, ou medidas de turismo “sustentable” fronte á “turistificación masiva”.

O candidato nacionalista tamén fixo fincapé na necesidade de acabar coa “desertización cultural” da cidade, de avanzar na “efectiva” normalización lingüística do galego e de pór fin á “permanente pelexa partidista que empequeñece a cidade”, aínda que esixindo á Xunta e ao Goberno central que desistan do “abandono” a Vigo.

O BNG abriu un espazo na súa web (https://vigo.bng.gal/articulo/novas/28m-eleccions-municipais-2023/20230216133951005901.html) para recoller as achegas dos cidadáns, e unha campaña en redes sociais co ‘hashtag’ #IdeasVigo.

“Queremos elaborar o noso programa do mesmo xeito que defendemos que se debe gobernar a cidade: escoitando e dialogando de maneira permanente”, concluíu o edil nacionalista, que recalcou que tende “a man” aos vigueses “que saben e, sobre todo, que senten que Vigo merece máis”.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...