InicioSociedadeO Álvaro Cunqueiro celebrou este mércores o Día Internacional do Cancro Infantil...

O Álvaro Cunqueiro celebrou este mércores o Día Internacional do Cancro Infantil cun programa de animación

A día de hoxe, o índice de supervivencia do cancro infantil sitúase no 82 %, e os puntos fundamentais para tratalo baséanse nun diagnóstico precoz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo conmemorou este mércores o Día Internacional do Cancro Infantil cun programa de actividades de animación, en colaboración coas asociacións Asanog e Bicos de Papel, e cos pallasos de Galiclown.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sumouse aos actos e visitou a nova sala de xogos para nenos e nenas pacientes oncolóxicos da planta de pediatría, posta en marcha pola Asociación Bicos de Papel. Os menores ingresados recibiron a visita de pallasos, de ‘Spiderman’ e de personaxes da saga ‘Star Wars’. Ademais, recibiron agasallos doados polo Corte Inglés.

A coordinadora da Unidade de Oncoloxía Infantil, María Tallón, explicou que se están conseguindo “melloras substanciais” neste campo médico e, cada ano, mellóranse as expectativas de curación dos pequenos con cancro, reducindo secuelas do tratamento e progresando na atención psicólogica e social ás familias.

A día de hoxe, o índice de supervivencia do cancro infantil sitúase no 82 %, e os puntos fundamentais para tratalo baséanse nun diagnóstico precoz, un tratamento protocolizado, seguimento de efectos secundarios e apoio ás familias en áreas como a escolarización ou a reintegración ás súas vidas tras o tratamento.

O ano pasado diagnosticáronse 22 pacientes con patoloxía oncolóxica infantil maligna, cifra similar á do ano anterior. Son menores que seguen tratamento quimioterápico no hospital de día e en planta de pediatría. A enfermidade máis frecuente é a leucemia aguda, seguida do linfoma e os tumores do sistema nervioso central.

En termos xerais, a Unidade de Oncoloxía Pediátrica do hospital vigués atende a 150 menores das áreas sanitarias de Vigo e Ourense, a maioría en fase de seguimento en consulta (unha vez concluídos os seus tratamentos). Actualmente hai 20 pacientes recibindo quimioterapia e no hospital de día aténdese de forma ambulatoria a unha media diaria de 8 nenos.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...