InicioMedio Ambiente e PatrimonioAnimalistas piden que Xunta e Concello se personen no caso de "sadismo...

Animalistas piden que Xunta e Concello se personen no caso de “sadismo animal” de Mondariz

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ONG animalista Fundación Franz Weber pediu este xoves que a Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz se personen no “caso de sadismo animal” descuberto neste municipio, onde hai uns días apareceu un can morto nun colector, coa arteria femoral seccionada.

A organización advertiu sobre a “gravidade” deste acto, que provocou un “intenso sufrimento” ao animal antes de causarlle a morte, e puxo o foco no concepto de “violencia interrelacionada”, é dicir, no vínculo que os expertos establecen entre a violencia cara aos animais e a violencia interpersoal.

Ademais, segundo apuntou a xurista Anna Mulà, “son necesarias actitudes máis proactivas” e o Concello de Mondariz e a Xunta de Galicia “poden exercer ou personarse como acusación popular por este feito delituoso”.

Fundación Franz Weber instou ás autoridades locais e autonómicas a pór “os medios necesarios” para concienciar á cidadanía sobre a importancia de denunciar “cada caso de malos tratos animais”, e para fomentar o bo trato e a convivencia.

ÚLTIMAS

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...