InicioSucesosIdentificado un home que apareceu afogado en Vigo hai máis de corenta...

Identificado un home que apareceu afogado en Vigo hai máis de corenta anos

Os datos foron comunicados á familia do desaparecido e ao xulgado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional conseguiu identificar os restos dun home que apareceu afogado na cidade de Vigo en 1981, tras as comparativas realizadas polo Centro Nacional de Desaparecidos, desde onde se xestionan as bases de datos das forzas e corpos de Seguridade, en relación con persoas desaparecidas ou restos humanos sen identificar.

O corpo foi achado o 19 de novembro 1981 e, nese momento, non foi identificado. Axentes da Comisaría de Vigo realizaron a necrorreseña e gravaron nas bases de datos de Policía Científica o ADN do home, que morreu afogado.

En 1984 interpúxose unha denuncia por parte dunha muller, que comunicaba a desaparición do seu irmán, veciño da cidade olívica, e que podería suceder entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de xaneiro dese ano.

Todos estes trámites fixéronse de forma manual, xa que entón as xestións non estaban informatizadas. Ao avanzarse na dixitalización de bases de datos, e coa creación do Centro Nacional de Desaparecidos en 2018, empezáronse a comparar mostras de todas as investigacións pendentes de resolver e de restos sen identificar.

Nese marco, o grupo de investigación da Comisaría de Vigo recibiu recentemente, por parte do Grupo de Desaparecidos da Policía Nacional, a identificación dun home a través do estudo realizado polo Centro Nacional de Desaparecidos.

Así, púidose identificar o cadáver aparecido na cidade hai case 42 anos, correspondente á denuncia interposta en 1984. Os datos foron comunicados á familia do desaparecido e ao xulgado.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...