InicioSucesosDetido o presunto autor de varios roubos en igrexas da provincia de...

Detido o presunto autor de varios roubos en igrexas da provincia de Pontevedra

Outro feito realizouno na Igrexa de Antas, na Lama, e tratou tamén de acceder á igrexa de Corredoira, en Cerdedo-Cotobade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo o pasado 31 de xaneiro a un home, de 49 anos de idade e veciño de Cerdedo-Cotobade, como presunto autor de varios roubos en igrexas da provincia de Pontevedra.

Tal como informou a Benemérita nun comunicado, tres dos roubos foron cometidos en ‘petos de ánimas’, que son pequenos santuarios situados en camiños e que constitúen materiais de culto e devoción.

Outro feito realizouno na Igrexa de Antas, na Lama, e tratou tamén de acceder á igrexa de Corredoira, en Cerdedo-Cotobade.

Tras varias semanas de investigación, entrevistando a testemuñas e sacerdotes das parroquias, identificouse o autor, que foi detido a finais de xaneiro e pasou a disposición do Xulgado de Garda de Pontevedra.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...