InicioSucesosDetido un home en Vigo con orde de busca cando estaba manipulando...

Detido un home en Vigo con orde de busca cando estaba manipulando o acceso a un garaxe

Os policías identificárono e comprobaron que sobre el pesaba unha orde de busca e detención ditada polo xulgado de instrución número 1 de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a un home natural da Coruña, J.A.S., de 43 anos de idade, sobre o que pesaba unha orde xudicial de procura, detención e presentación.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do mércores, cando unha patrulla que se atopaba na rúa Couto San Honorato observou a un home manipulando a cadea colocada na porta de acceso dun garaxe. Ao decatarse da presenza policial, o home adoptou unha actitude esquiva.

Os policías identificárono e comprobaron que sobre el pesaba unha orde de procura e detención ditada polo xulgado de instrución número 1 de Vigo, polo que se procedeu ao seu arresto e posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...