InicioSociedadeO TSXG ordena ao Sergas indemnizar en 20.000 euros a unha viguesa...

O TSXG ordena ao Sergas indemnizar en 20.000 euros a unha viguesa polo atraso na súa cirurxía de reasignación de sexo

Conclúe que houbo "perda de oportunidade" pero non mala praxe médica

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente o recurso interposto por unha viguesa diagnosticada con síndrome de Harry Benjamin (disforia de xénero), e obriga ao Sergas a indemnizala en 20.000 euros polo atraso nos trámites para que puidese someterse a unha cirurxía de reasignación de sexo.

Esta viguesa estivo anos loitando nos xulgados para que a sanidade pública autorizase a intervención, e mesmo denunciou publicamente a súa situación e os prexuízos que esa disforia estaba a ocasionarlle, chegando a padecer unha síndrome depresiva crónico.

Tras unha longa batalla, e mediante unha sentenza xudicial, conseguiu que o Sergas autorizase e custease unha intervención cirúrxica nunha clínica privada de Barcelona, a única que en España realizaba a operación que ela necesitaba, en xaneiro de 2015.

Posteriormente, a recorrente presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Sergas, por atrasar 5 meses a valoración previa á operación e por unha suposta mala praxe que empeorou a súa situación emocional. Sanidade rexeitou a reclamación, pero un xulgado deulle parcialmente a razón, e condenou ao Sergas a indemnizala en 6.000 euros.

RECURSO ANTE O TSXG

A muller presentou recurso ante o TSXG, que estimou parcialmente as súas pretensións e aumentou ata os 20.000 euros a indemnización, ao entender que houbo “perda de oportunidade” polo atraso na valoración e, consecuentemente, atraso na operación.

Con todo, o alto tribunal galego considera que non hai indicios para falar de mala praxe médica. Así, segundo a sentenza, o atraso na intervención non é por si mesma a causa que provocou os seus problemas psicolóxicos, nin as complicacións posteriores á cirurxía (tivo que ser tratada dunha fístula e non recibiu o alta definitiva ata 2017), senón que concorreron outros factores.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...