InicioSucesosSuspendido un xuízo a dous acusados por tráfico de drogras pola folga...

Suspendido un xuízo a dous acusados por tráfico de drogras pola folga indefinida de secretarios xudiciais

Como non é un procedemento con preso, o xuízo non entra nos servizos mínimos. Así mesmo, a Audiencia optou por non volver sinalar a vista, debido a que se descoñece a duración da folga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu este mércores un xuízo previsto contra dous acusados, un home e unha muller, a quen se lles atribúe un delito de tráfico de drogas e outro de tenencia ilícita de armas, e para quen a Fiscalía pide 6 anos e medio de prisión.

O tribunal celebrou unha breve vista, con presenza dos maxistrados e dos acusados, na que a presidenta da sala explicou que o xuízo tiña que ser suspendido pola folga indefinida dos Letrados da Administración de Xustiza (antes denominados secretarios xudiciais).

Neste caso, ao non tratarse dun procedemento con preso, o xuízo non entra nos servizos mínimos. Así mesmo, a Audiencia optou por non volver sinalar a vista, debido a que se descoñece a duración da folga indefinida.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os dous acusados estaban a ser investigados (e tiñan os teléfonos picados) pola súa presunta vinculación cun atraco nunha tenda de animais do Meixoeiro cometido en febreiro de 2019. Ese seguimento permitiu descubrir que a parella se dedicaba ao tráfico de heroína e cocaína.

Así, nos rexistros dos seus domicilios atopáronse diversas cantidades de cocaína, tres móbiles, unha báscula de precisión, 225 euros en metálico, unha pistola detonadora semiautomática e outros efectos destinados á súa actividade ilícita.

Ademais, no momento de rexistro, o acusado tiña na boca unha papelina de heroína e outra de cocaína. Posteriormente foi trasladado ao hospital, e alí extraéronselle outras dúas papelinas de heroína e cocaína que tiña aloxadas no ano.

Por estes feitos, o Ministerio Público considéraos autores dos delitos de tráfico de drogas e tenencia ilícita de armas, e pide para cada un deles penas que suman 6 anos e medio de prisión, así como multa de 3.550 euros

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...

Kiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto entre clásicos e novas cancións

A xira do músico Kiko Veneno fará escala no Auditorio Mar de Vigo o...