InicioEconomíaO Porto de Vigo pecha a compra de terreos privados en Rande...

O Porto de Vigo pecha a compra de terreos privados en Rande para ampliar a súa zona operativa

O 2022 foi o mellor exercicio da serie histórica no que respecta ao tráfico de colectores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración do Porto de Vigo deu luz verde este martes á compra de 19.500 metros cadrados en Rande (Redondela) para ampliar a súa zona operativa e facilitar o acceso ao peirao, segundo explicou o presidente do organismo, Jesús Vázquez Almuíña.

Así, o Porto farase con este espazo para ampliar os seus terreos na zona, e facilitar a operativa das empresas, gañar espazo de almacén, e calquera outra necesidade que se expoña. Os terreos serán adquiridos á compañía de granitos David Fernández Grande S.L.

Ademais deses servizos, os terreos inclúen o acceso ao peirao, polos que ata agora o Porto tiña que pagar un aluguer anual para poder pasar. Isto permitirá mellorar a entrada á zona desde a N-552. En total, a operación ascende a 1,12 millóns de euros.

A adquisición destes terreos está contemplada no Plan de Empresa da terminal olívica e, tal e como apuntou o seu presidente, están incorporados na DEU (Delimitación de Espazos Portuarios) como zona para servizo portuario.

TRÁFICOS

Por outra banda, Vázquez Almuíña informou en rolda de prensa dos resultados de xestión do organismo e sinalou que o 2022 foi o mellor exercicio da serie histórica no que respecta ao tráfico de colectores, cun aumento do 0,29 % en toneladas, e un incremento do 5,22 % en TEUs. Todo iso nun contexto “difícil” polo incremento do custo da enerxía, os problemas loxísticos na industria de automoción ou a guerra de Ucraína.

En referencia ao tráfico acumulado (a decembro de 2022) de mercadorías, destacan polo seu crecemento as conservas (+ 9 %); froitas, hortalizas e legumes (+ 1,76 %) e os metais (+ 0,23 %).

O movemento de vehículos, a pesar de aumentar un 16,32 % o número de unidades en decembro, sufriu unha caída no tráfico acumulado do 6 %, debido á crise loxística que afecta o sector pola escaseza de condutores e a menor oferta de buques nas rutas europeas.

A pesca conxelada experimentou un descenso do 1 %, aínda que creceron os tráficos dos buques españois, de Chile, Illas Feroe e Canadá. No caso da pesca fresca, o volume de descargas baixou un 7 %, con todo, subiu nun 3 % o valor de venda do peixe..

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...