InicioSucesosTrasladan unha persoa a un centro hospitalario despois dun accidente múltiple en...

Trasladan unha persoa a un centro hospitalario despois dun accidente múltiple en Vigo

Os servizos de emerxencia puxeron o suceso en coñecemento de urxencias sanitarias, da Policía Local, dos Bombeiros de Vigo e de Protección Civil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser trasladada a un centro hospitalario tras verse involucrada nun accidente múltiple producido na mañá deste luns na cidade de Vigo.

Tal como informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos ocorreron minutos antes das 12,15 horas e foi o propio sistema ‘eCall’ dun dos vehículos o que deu a chamada de alerta.

Tamén un particular avisou do sucedido, explicando da existencia dun accidente múltiple na Avenida de Beiramar, onde tres coches se viron implicados.

Por iso, os servizos de emerxencia puxeron o suceso en coñecemento de urxencias sanitarias, da Policía Local, dos Bombeiros de Vigo e de Protección Civil.

Unha vez no lugar, unha ambulancia trasladou a unha persoa ferida a un centro hospitalario, mentres que os axentes restableceron o tráfico na zona.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...