InicioPolíticaSinaí Giménez, no pleno vigués: "É unha vergoña que non deixen falar...

Sinaí Giménez, no pleno vigués: “É unha vergoña que non deixen falar ás vítimas”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sinaí Giménez, como presidente da “Asociación de Afectados e Indignados por el Accidente Imprudente de O Marisquiño”, e pai dun dos feridos no concerto, acudiu este mércores día 5 ao pleno e asegura que rexistrara unha petición por escrito para facer unha pregunta, mais o presidente da mesa, Abel Caballero, decidiu rematar o acto.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo referiuse a que Feijóo negouse este martes a comparecer trala morte dun home de 65 anos no centro médico da Estrada. Sinaí e os seus compañeiros, visiblemente enfadados, sinalaron que “é unha vergoña que non deixen falar ás vítimas”.

Coas palabras “non nos permitiron falar no pleno a pesar de solicitalo por escrito, é unha vergoña”, abandonou a sala. Antes, tamén pedira a dimisión do alcalde.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...