InicioPolíticaPP e PSOE, en desacordo: Vigo é a cidade cos impostos máis...

PP e PSOE, en desacordo: Vigo é a cidade cos impostos máis altos ou máis baixos de Galicia?

O PP di que en Vigo os impostos máis altos de Galicia obrigan ás empresas a marcharse, o PSOE xusto o contrario. Quen leva razón?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Durante o pleno celebrado este mércores no Concello de Vigo, de novo os populares, dirixidos por Elena Muñoz, e os socialistas, ás ordes de Abel Caballero, amosaron visións antagónicas con respecto á carga impositiva que soportan os vigueses. 

Mentres que para o PP esta é a cidade de Galicia cos impostos máis altos, para o PSOE  xusto o contrario. Só un pode levar a razón.

David Regades, presidente da Zona Franca e concelleiro socialista, defendeu que “esta é a cidade de Galicia con menor presión fiscal, tamén moito menor á de concellos como Baiona ou Sanxenxo”.

Pola súa banda, Elena Muñoz sinalou que os socialistas “insultan á intelixencia de todos os vigueses. A situación financeira permítelles baixar os impostos, pero non queren. Dende que Abel chegou ao goberno en 2007, os impostos subiron un 23%. O IPC só un 16%. E, por moitos contos que digan, cando chegue o IBI (imposto de bens inmobles) vai ser máis alto que o ano anterior, outra vez”.

Elena Muñoz no Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

Engadiu tamén que os vigueses “temos o IBI máis alto das 20 grandes cidades, a auga máis cara e iso que non a consumimos porque non está en bo estado, as grúas máis custosas, o autobús máis caro de Galicia co peor servizo de España…Por iso as empresas marchan fóra de Vigo, polos altísimos impostos, despois o alcalde culpa a Xunta”.

“Somos os campións de España en pagar impostos”, destacou: “Nós (o PP), subimos impostos porque nos deixan o país quebrado, vostedes só saben recadar e subir impostos. A taxa do lixo está afogando aos comercios. E logo en España chega Pedro Sánchez e sube a luz, o gasoil..”

“Non escoitan a ninguén, a todos din que non, e logo pagan os cidadáns, con un accidente como o Marisquiño, e o alcalde prefire mirar o móbil que escoitar á oposición. Presume de conxelar impostos cando debería baixalos. Os vigueses saben máis de xestión que o seu goberno”, concluíu a portavoz do PP.

Pola súa banda, o concelleiro socialista, Carlos López Font, engadiu que “cando falan vostedes, hai que facer esforzos para saber a que cidade se refiren. Deben confundirse cando lles mandan os argumentos desde Santiago”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Salvar a Ría de Vigo e recuperar a saude pública

Dende esta primaveira un grupo crecente de persoas e asociacións da cidade de Vigo...

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...