InicioPolíticaFeijóo defende en Vigo o compromiso da Xunta coa vivenda protexida, cun...

Feijóo defende en Vigo o compromiso da Xunta coa vivenda protexida, cun investimento actual de 72,5 millóns

O presidente do Goberno tamén repasou outras actuacións do seu Goberno na cidade, como a próxima construción dun IES en Navia.

PUBLICADO O

O presidente da Xunta reafirmou este luns en Vigo o compromiso do goberno autonómico coa promoción de vivenda protexida, co desenvolvemento actualmente de 512 inmobles e un investimento de 72,5 millóns de euros. Así o manifestou durante o acto de entrega de chaves aos adxudicatarios de vivendas públicas de protección autonómica na rúa Canicouva da cidade olívica.

Na súa intervención, o titular do Executivo galego sinalou que a administración autonómica investiu 8,4 millóns de euros para construír 36 vivendas públicas en Cambeses e 26 en Chantada, das que este luns se entregaron 19 en réxime de aluguer.

Así mesmo, segue avanzando no proxecto de construción de 1.600 vivendas no barrio de Navia, cun investimento de 250 millóns de euros. Así, nos orzamentos de 2022 hai consignados 8 millóns de euros para iniciar as obras de urbanización do primeiro polígono (onde se construirán 207 vivendas) e xa se licitou a redacción dos proxectos das 79 primeiras.

En abril prevese a licitación da redacción dos proxectos das outras 128 vivendas dese polígono, no que o investimento previsto supera os 28 millóns de euros. O comezo da construción dependerá, segundo matizou Feijóo, de que o Concello que preside Abel Caballero, dea luz verde a eses proxectos de urbanización.

Por outra banda, o presidente da Xunta tamén subliñou que a administración seguirá apostando pola rehabilitación, especialmente nos centros históricos dos municipios, a través do programa Rexurbe. Así mesmo, apuntou que o Casco Vello de Vigo conta con 17 novas vivendas en execución e 7 edificios máis adquiridos polo Consorcio do Casco Vello.

OUTRAS ACTUACIÓNS EN VIGO

Núñez Feijóo repasou tamén outras actuacións do seu goberno na cidade olívica, e referiuse á próxima construción dun IES en Navia, a entrega da nova Cidade da Xustiza, a da estación intermodal ou a dunha nova ampliación do Instituto Feiral de Vigo.

O presidente galego tamén subliñou que a Xunta está pendente do Concello para licitar as obras de urbanización do Campus do Mar, nas antigas instalacións da ETEA; que xa se licitaron as obras do novo Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia; e que levarán a cabo obras de rehabilitación en centros educativos como o Santo Tomei ou o Conservatorio de Música.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...