InicioSociedadeAbel Caballero reitera a súa petición á Xunta de buscar unha fonte...

Abel Caballero reitera a súa petición á Xunta de buscar unha fonte de abastecemento de auga para casos de emerxencia

Con todo, a presa que abastece Vigo está ao 80%, o máximo permitido nesta época do ano.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou a súa petición á Xunta de Galicia para que busque unha fonte de abastecemento de auga para a cidade que poida ser utilizada en casos de emerxencia. Despois de que este luns o Goberno galego declarase a prealerta por seca na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, o rexedor vigués volveu a solicitar unha alternativa para Vigo en caso de escaseza de auga.

“Xa llo pedimos en 2013 e en 2017”, subliñou Caballero, quen lamentou que “a Xunta non fai nada” xa que aínda a cidade non ten esta alternativa. Aínda así, en rolda de prensa Caballero mandou unha mensaxe tranquilizadora, explicando que nestes momentos a presa que abastece Vigo está ao 80%, o máximo permitido nesta época do ano, polo que por agora non haberá escaseza de auga, aínda que se continúa a seca podería darse “no outono”.

MUSEALIZACIÓN DE O CASTRO

Por outra banda, Caballero tamén se referiu ao proxecto de musealización do Castro, que “redescubrirá” un túnel que se atopa na zona e que percorre desde a parte baixa ata a alta do Castro.

Sobre iso, o alcalde indicou que en setembro se presentou o proxecto á Xunta, xa que se trata dun Ben de Interese Cultural (BIC), que foi respondido en decembro solicitando diferentes aspectos “que non son competencia autonómica”. Aínda así, en xaneiro o proxecto foi modificado polo Concello e enviado ao Executivo galego. “Seguimos esperando e xa levamos 5 meses de atraso”, lamentou Abel Caballero.

Respecto diso, fontes da delegación da Xunta en Vigo explicaron que os técnicos aínda están a analizar o novo documento presentado polo Concello “Trátase dun expediente moi complexo, que polas súas características require dunha revisión exhaustiva, pois estamos a falar dun BIC. En todo caso, os técnicos están a traballar no informe correspondente e o seguinte paso sería elevalo ao consello territorial”, destacaron.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...