InicioPolíticaO goberno local de Vigo tacha de "absolutamente intolerable" a situación de...

O goberno local de Vigo tacha de “absolutamente intolerable” a situación de Atención Primaria na cidade

Censura que a Xunta non contratou profesionais de sanidade "co diñeiro que recibiu do Goberno de España".

PUBLICADO O

O portavoz do goberno municipal de Vigo, Carlos López Font, manifestou que a situación da Atención Primaria en Vigo é “gravísima” e “absolutamente intolerable”.

Nun comunicado, afirma que a Xunta non contratou profesionais de sanidade “co diñeiro que recibiu do Goberno de España precisamente para facelo”, algo que tachou de “absolutamente indecente” xa que “fan caixa coa saúde e están a xogar coa vida da xente”.

O portavoz do goberno municipal de Vigo manifesta que a situación é “tan grave” que o conselleiro de Sanidade “deu instrucións” de que os centros de saúde atendan só urxencias Covid, “desatendendo ao resto da poboación”, critica.

Despois de que profesionalistas sanitarios descartasen seguir esta instrución, Font destacou a súa “profesionalidade” e agradeceu o seu “compromiso”, á vez que esixiu explicacións “inmediatas” ao conselleiro sobre a situación en Atención Primaria.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...