InicioPolíticaMuñoz "esixe" a Caballero que baixe os impostos en Vigo: "Son os...

Muñoz “esixe” a Caballero que baixe os impostos en Vigo: “Son os máis altos de toda Galicia”

"A principal cidade de Galicia está gobernada como unha aldea", subliñou a portavoz do PP en Vigo.

PUBLICADO O

A portavoz popular, Elena Muñoz, “esixiu” este domingo ao goberno local vigués unha baixada de impostos para o próximo exercicio. “Temos unha presión impositiva asfixiante, froito dun goberno que leva 11 anos subindo impostos. Só os baixou o ano que lle obrigamos co pacto presupuestario”, resaltou.

Neste sentido, a líder dos populares en Vigo resaltou que a presión fiscal que sofren os vigueses se incrementou un 23% desde que Caballero é alcalde. Así, subliña, “se incluimos as taxas municipais, a presión fiscal por cada veciño é de case 800 euros anuais”. Unha cifra que cualificou como “escalofriante” e que reflicte “o que todos sabemos, que en Vigo se pagan os impostos máis altos de Galicia”.

Así, a portavoz popular recordou que os vigueses soportan o IBI máis elevado das 20 principais cidades de España, fixando a cidade o tipo máximo legal permitido, “o dobre, por exemplo, que en Madrid”.

Ademais, engade, “pagamos o bonobús máis caro de Galicia pese a contar co servizo peor valorado, o guindastre máis caro de Galicia, a ORA máis cara de Galicia, ou o Imposto de Actividades Económicas máis caro de Galicia”.

“a maioría absoluta só serviu para subir impostos e impulsar políticas de publicidade e propaganda”.

“Son moi rápidos recadando, pero moi lentos xestionando o diñeiro dos vigueses”, continuou Elena Muñoz, que lamentou que cada ano se deixen sen executar ao redor de 20 millóns. “No concello de Vigo temos unha das caixas máis boiantes: 100 millóns de euros que estarían moito mellor no peto dos vigueses”, sinalou.

Neste sentido, a portavoz popular advertiu que Caballero pretende “seguir coa mesma política, tendo en conta que xa nos anunciou que non vai baixar os impostos”. Elena Muñoz indicou que esta política fiscal vai “en contra da competitividade das empresas e das economías familiares”, tendo consecuencias negativas como a subida do paro: “Mentres a provincia de Pontevedra lidera a creación de postos de traballo, o desemprego creceu en Vigo nada menos que un 6%; 24.600 vigueses non teñen traballo”.

Así, a popular destacou que “a principal cidade de Galicia “está gobernada como unha aldea, retirando diñeiro do orzamento de educación ou de becas para as festas de Vigo. Somos unha cidade que se fixo a si mesma grazas ao peso das súas empresas e da súa industria”, apunta Elena Muñoz, que lamentou que “a maioría absoluta só sirva para subir impostos e impulsar políticas de publicidade e propaganda”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...