InicioSociedadeA Fiscalía pide 3 anos de cárcere para un acusado de abusar...

A Fiscalía pide 3 anos de cárcere para un acusado de abusar sexualmente dunha nena de 4 anos

Tamén reclama que a indemnice en 3.000 euros.

PUBLICADO O

A Fiscalía pide unha pena de tres anos de cárcere para un acusado de abusar sexualmente dunha nena cando esta tiña catro anos en Vigo e ao que se xulgará este luns na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na urbe olívica.

Segundo recolle o Ministerio Público no seu escrito de acusación, o procesado acudiu na tarde do 27 de marzo de 2020 ao domicilio situado en Vigo onde residía a menor, de 4 anos de idade, e á que coñecera con anterioridade a través da súa avoa.

Unha vez na vivenda, “con ánimo de satisfacer os seus baixos instintos sexuais”, colleuna e “tocoulle os xenitais” por encima da roupa, “persistindo niso”, a pesar de que ela lle pediu que se detivese “ata en tres ocasións”.

O Ministerio Fiscal considera ao acusado autor dun delito de abusos sexuais, polo que pide que sexa condenado a tres anos de prisión e que se lle prohiba achegarse á nena e comunicarse con ela durante cinco anos. Tamén reclama que a indemnice en 3.000 euros a través da súa nai e solicita que o xuízo se celebre a porta pechada.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...