InicioSociedadeGonzalo Caballero pide implicación de "todas as administracións" para que Conxemar siga...

Gonzalo Caballero pide implicación de “todas as administracións” para que Conxemar siga sendo “referente” do sector

O secretario xeral do PSdeG visitou hoxe a feira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este xoves a implicación de “todas as administracións” para que a feira Conxemar siga sendo “referente” do sector tanto a nivel nacional como internacional.

En declaracións aos medios antes de visitar a feira, que se celebra no Instituto Feiral de Vigo, o líder dos socialistas galegos apostou porque o certame “siga sendo a principal referencia desde España para o mundo, en materia de conxelados de peixe, de industria do mar”.

Respecto diso, “fronte a outras feiras que empezan a ter puxanza”, engadiu, “todas as administracións, desde o Goberno de España á Xunta, as provinciais e as locais” deben “impulsar” a Conxemar para que manteña ese liderado. “Porque esta industria, en Vigo e en Galicia, é unha industria de vangarda, de calidade e ten acreditada toda a súa capacidade”, proclamou.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...