InicioSociedadeReimplantan o brazo perdido nun accidente laboral a un traballador do porto...

Reimplantan o brazo perdido nun accidente laboral a un traballador do porto de Marín

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un equipo composto por cinco especialistas, entre cirurxiáns plásticos e reconstrutores, traumatólogos e anestesistas, logrou reimplantar con éxito o brazo dun traballador de Marín que resultou seccionado nun accidente laboral.

O pasado 6 de xullo, Víctor Santiago de Rosario atopábase no porto de Marín manipulando unha carretilla elevadora das que se utilizan para transportar palets cando, por un fallo mecánico, os ganchos da carretilla esborralláronse sobre o seu brazo esquerdo, seccionándoo por baixo do cóbado.

Trasladado de urxencia a Povisa por unha ambulancia medicalizada do 061, foi intervido baixo a coordinación da cirurxiá plástica e reconstrutora Margarita Arnáiz durante 9 horas. Uníuselle en primeiro lugar o óso con placas e parafusos, reconectáronse arterias e venas para recuperar a irrigación e suturáronse tamén nervios, músculos e tendóns.

Trala cirurxía, permaneceu 24 horas na Unidade de Coidados Intensivos, pasando posteriormente á planta de hospitalización. Varios días logo da intervención, e pasada a primeira semana crítica, o paciente evoluciona favorablemente e será dado de alta nos próximos días, antes de iniciar o seu período de rehabilitación.

 

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...