InicioSociedadeAbel Caballero anuncia a "conxelación" de impostos locais en 2022 para "consolidar"...

Abel Caballero anuncia a “conxelación” de impostos locais en 2022 para “consolidar” a recuperación postCovid

O alcalde lembra que xa o ano pasado a subida nominal de impostos foi "cero" ao non actualizarse as taxas co IPC.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres a conxelación dos impostos municipais para o exercicio 2022, no que non se aplicará o IPC ás taxas, co fin de “consolidar” a recuperación postCovid.

Así o trasladou o rexedor olívico nunha rolda de prensa, na que proclamou o seu desexo de ter este “xesto” cos vigueses nun contexto difícil e no que é necesario apontoar a “recuperación que xa está a haber en Vigo”.

Caballero lembrou que xa o ano pasado a subida nominal de impostos foi “cero” ao non actualizarse as taxas co IPC. No ano 2022, o Concello de Vigo deixará de ingresar 4 millóns de euros (os correspondentes á subida do 3,5 % do IPC), que “quedarán no peto dos vigueses”.

O alcalde engadiu que a administración aplicará exencións fiscais en 2022 por valor de 17 millóns de euros, dos que a metade se corresponden con impostos (IBI, vehículos, plusvalía, IAE e ICIO) e a outra metade proceden de taxas e prezos públicos que non se cobran, por exemplo, polo uso que fan entidades deportivas das instalacións municipais, ou a “taxa cero” das terrazas de hostalaría.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...