InicioVigo e contornaVigoO IEO de Vigo constata un aumento da preocupación sobre o lixo...

O IEO de Vigo constata un aumento da preocupación sobre o lixo mariño a través de Twitter

Un estudo levado a cabo por científicos do IEO de Vigo analizan o interese da sociedade a través desta rede social por esta cuestión medioambiental.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Científicos do Instituto Español de Ocenagrafía de Vigo (IEO-CSIC) publicaron un artigo científico que, por primeira vez, explora a rede social Twitter para analizar o grao de concienciación pública sobre o lixo mariño e coñecer que perfis de usuarios están tuiteando e como, cando e desde onde.

O estudo analiza un total de case 150.000 tuits sobre a contaminación mariña por plásticos publicados durante oito meses e redactado en algún dos 12 idiomas máis empregados nesta rede social. Os países con máis volume de tuits son EEUU, Reino Unido, Xapón e Canada. Porén, cando se pondera o número de usuarios activos na rede social, en España móstrase un marcado interese nesta problemática.

Os resultados tamén mostran como o discurso xeral está moi influenciado pola celebración online de eventos como “Día da Terra”, o “Día Mundial das tartarugas mariñas” ou a celebracío durante o verán do “Xullo sen plástico”. Neste sentido, a crise sanitaria derivada da Covid-19 tamén influíu na conversación pola preocupación ante o aumento de plásticos dun só uso, especialmente de máscaras e luvas. Segundo expón o investigador, Pablo Otero, o estudo servirá “para comprender quen tuitea sobre o problema do lixo mariño e como o fai”, axudando así “ás institucións a deseñar unha comunicación eficaz nesta canle”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...