InicioSociedadeTransportes RD Lens e Olívica TCA, en folga ata cobrar as 4...

Transportes RD Lens e Olívica TCA, en folga ata cobrar as 4 mensualidades que lles debe a empresa

PUBLICADO O

O cadro de persoal das empresas Transportes RD Lens e Olívica TCA, con sede en Vigo, desenvolveu este xoves unha concentración diante das instalacións coincidindo coa última xornada de folga das catro convocadas para reclamar o pago dos salarios pendentes.

Os paros, que se iniciaron este luns, tiveron un seguimento practicamente total por parte dos máis de 20 empregados/as, xa que unicamente un optou por ir traballar.

Os traballadores/as destas dúas compañías de transportes, que pertencen ao mesmo grupo empresarial, reclaman o pago das catro mensualidades que lles adebedan (no caso dalgúns empregados/as a débeda é de cinco mensualidades).

Ademais das catro xornadas de folga, optaron por convocar unha concentración diante das instalacións das empresas, onde despregaron unha faixa e berraron consignas reclamando o pago dos soldos.

RD Lens e Olívica TCA dedícanse ao transporte de mercadorías e contan cun cadro de persoal de máis de 20 traballadores/as entre as dúas. “A dirección négase a pagar os salarios adebedados a pesar de que xa foron reclamados pola vía xudicial e mediante unha denuncia na Inspección de Traballo”, denuncian os seus traballadores.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...