InicioCulturaVigo vólvese extremo co seu primeiro festival Die Hard Fest de metal

Vigo vólvese extremo co seu primeiro festival Die Hard Fest de metal

PUBLICADO O

O próximo 2 de xuño terá lugar en Vigo a primeira edición de Die Hard Fest, unha iniciativa de dous músicos vigueses, compoñentes de Agónica, que nace coa intención de reunir a cinco grandes bandas de Metal e Metal Extremo.

“Bandas con moitas cousas que dicir encima dun escenario e que con toda seguridade, congregarán aos fieis seguidores do xénero, cada vez máis orfos de propostas deste tipo”, aseguran dende a  organización, que é consciente desta demanda e seleccionou a bandas que creen que “merecen a pena para ofrecer unha proposta á altura das expectativas da escena”.

O cartel desta primeira edición está formado por grupos como Lampr3a, a banda liderada polo guitarrista Borja Mintegiaga, recentemente aterrados de USA e que chegan por primeira vez a Galicia para presentar o seu Neurocoalescence (Autoeditado, 2017), debut  da banda vasca.

 
Os portugueses Equaleft están “rompéndoo todo no país veciño, arrasando en todos os festivais e compartindo cartel con bandas da talla de Gojira ou Sepultura. Sen dúbida é un luxo poder gozar deles en Vigo”, subliñan dende a organización do Die Hard Fest.

Outro dos atractivos do festival son Cuernos de Chivo, unha banda de Toledo que leva 13 anos “asinando estupendos discos de deathmetal-hardcore, virando por todo o país” e que xa coñecen Galicia tralo seu paso polo Resurrection Fest no ano 2011.

E como non, non poden faltar bandas galegas, como os ferrolanos Wisdom; “proba da calidade e da cantidade de bandas que hai naquelas terras”. Por algo son coñecidos como os reis do Grind en Galicia.

Tamén desde estas terras, desde Lugo concretamente, chegan Untides, presentando a súa “From the challenger abyss” (Autoeditado, 2017) trala súa xira de presentación por Italia e Francia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...