InicioMedio Ambiente e PatrimonioComeza a tempada de serpes en Vigo

Comeza a tempada de serpes en Vigo

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo informa de que os réptiles, coa chegada das primeiras calores do ano, multiplican a súa aparición. Polo tanto, estes animais de sangue fría serán vistos con maior frecuencia nas próximas semanas.

Este martes, os axentes da Policía Local atoparon subida a unha árbore, na zona de Castrelos, unha “serpe bastarda”, a máis grande de Europa, polo que poden superar sen problemas os dous metros de longo.

Non é perigosa a pesar do seu veleno, iso si: a mordedura pode causar un intenso dor. Diúrna, gusta de subirse ás árbores. É enormemente rápida no seu desprazamento. De cor gris, pardo ou verde, é unha especie agresiva e máis se a molestan, polo que pode sisear e incluso erguerse ao xeito dunha cobra, de feito son demandas polos encantadores de serpes. Aliméntanse de insectos, lagartos, outras serpes, roedores ou pitos.

O ser humano, debido ao medo histórico que producen e ao descoñecemento, ataca con asiduidade a esta especie, sen saber que trátanse dun poderoso aliado contra as pragas e especies daniñas para o noso desenvolvemento. Pero, a pesar dos atropelos e ataques variados que sofre, conseguiu polo momento estabilizar a súa poboación.

Este exemplar foi atopado nunha finca da rúa Coutadas (Castrelos), e os policías adestrados para tratar estas especies retirárona da árbore á que subira, e devolvérona ao seu hábitat natural.

 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...