InicioCulturaAna Popovic, de escapar da guerra dos Balcáns a triunfar no blues...

Ana Popovic, de escapar da guerra dos Balcáns a triunfar no blues e enfeitizar a sala Rouge en Vigo

Os mellores artistas internacionais do blues están a visitar a nosa cidade grazas a Riverbucks Asociación Cultural.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ana Popovic e a súa poderosa banda están incansablemente de xira, tocando nos principais festivais de blues, jazz e rock de todo o mundo e esta fin de semana estivo na sala Rouge de Vigo realizando o seu único show en toda Galicia.

“Estamos ante unha das divas do Blues, que se viu obrigada a deixar o seu Belgrado natal para escapar da guerra dos Balcáns, asentándose coa súa familia en Amsterdam, ata que en 1998 se mudou definitivamente a Memphis para dedicarse en corpo e alma á súa paixón pola guitarra e o Blues”, destacan desde Riverbucks Asociación Cultural, “culpables” da súa visita á nosa cidade.

Compartiu escenarios con BB King, Buddy Guy, Joe Bonamassa, Gary Clark Jr. e unha infinidade de grandes nomes do mundo da música. Foi nomeada en numerosas ocasións para os Blues Music Awards, copou as portadas de prestixiosas revistas como Vintage Guitar ou Guitar Player, e cada novo disco sempre chega ao Top 5 do Billboard Blues Charts.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...