InicioCulturaSamuel González, de Honky Tonk Discos: "Dás por feito que teño paixón...

Samuel González, de Honky Tonk Discos: “Dás por feito que teño paixón pola música?”

Entrevistamos aos responsables das principais tendas de música de Vigo.

PUBLICADO O

Honky Tonk Discos (Rúa Falperra, Vigo) abriu en 1997, cando as tendas de segunda man eran raras de ver na nosa cidade, e ocorría o contrario que agora, a xente non quería os vinilos e os vendía, regalaba ou tiraba, polo auxe do CD.

A idea foi esa, abrir unha tenda pensando sobre todo nos vinilos de segunda man, posto que había moitos. Agora as tornas cambiaron: era case impensable traballar sen un formato, o cedé, case residual hoxe en día.

A recuperación do vinilo, asegura Samuel, vai moi asociada ao desastre do CD: “A xente pensa: se quero un formato físico, elixo o vinilo, que ten valor. O CD perdeuno, salvo que decidas coleccionalos. En cambio o vinilo, ademais do tema nostálxico, cun bo equipo é sorprendentemente, a pesar de ser tan antigo, mellor que nada, insuperable”.

Ao mesmo tempo, recoñece o rol que xoga Internet: “É unha ferramenta perfecta para coñecer”. En definitiva, os tempos cambian e o vinilo segue alí, manténdose, iso si, “de forma minoritaria, cunhas cifras a anos luz das dos 70, 80 e 90. A xente está conectada e nin descargan xa, para que? Para encher a memoria do teléfono?”

 

Discos honky tonky© miguel Nuñez
Portadas de dous discos “míticos” na tenda de música Honky Tonky / Miguel Núñez

Comezaron só con segunda man, agora teñen segunda man e tamén novo. O vinilo supera por moito en facturación ao disco, asegura Samuel, dono do establecemento: “Agora mesmo todo, dende Metallica a Beyoncé, sae en vinilo. Nos 90 e a comezos de século moitas cousas só saíron en CD, pero houbo un gran regreso”.

De feito, asegura, están saíndo en vinilo obras reeditadas que no seu momento publicáranse só en CD: “Coma o Agila de Extremoduro, un dos máis vendidos do rock español, que no seu momento a discográfica non considerou necesario publicalo en vinilo. Ao final están detrás as compañías. Nese momento decidiron non sacalo e se o querías aguantábaste, e agora como o disco está morto regresa un formato que abandonaran, pero ten a vantaxe, ademais de seu son, de que non se pode piratear”.

As tendas de música enfróntanse a multitude de dificultades: “Agora metéronse as multinacionais e as cadeas tamén, e é imposible competir. Ademais é cada vez más difícil conseguir discos de segunda man bos, quedan poucos, porque a xente xa é consciente do seu valor, ademais Internet tamén cambiou que cando tiñas que comprar e vender algo tiñas que ir a unha tenda, agora podes facelo en calquera plataforma en rede”.

se tivera unha tenda de zapatos, pensarías que son un apaixonado do calzado?

Para Samuel, o formato para escoitar música é o vinilo: “Que tamén hai que ter en conta a situación e comodidade de cada un. Se traballas de comercial e estás dez horas no coche, escoitarás música alí. Iso si, a min non se me ocorre por cancións en casa co ordenador, aínda que por suposto entendo que ter un equipo bo e unha colección é algo caro, e coa crise…”

Afectoulles a recesión, a falta dunha gran tradición cultural, e que por exemplo o libro teña un  IVE reducido pero a música non, co 21%: “Non ten moito sentido. Considérase ocio, non cultura. Non creo que fora vender moito máis, pero paréceme inxusto”.

Samuel Gonzalez © Miguel Nuñez
Samuel González, experto en rarezas musicais. Leva anos vendendo música no Honky Tonky, mítica tenda da rúa Falperra de Vigo.

Dende o principio entendeu a tenda como algo aberto nivel de xéneros: “Ter unha tenda só para uns poucos estilos pódese facer en cidades grandes, e con sorte. Non é viable en Vigo, unha tenda só de música negra, ou de metal, ou hip hop e electrónica…

Samuel plantexou unha pregunta curiosa, sobre un prexuízo quizais inevitable: “Das por feito que teño paixón pola música? Se tivera unha tenda de zapatos, pensarías que son un apaixonado do calzado?”.

E que entende el pola música?: “Son tantos anos que xa escoito de todo, o vexo doutra maneira. É un tema máis de conectar co artista, sen barreiras de estilos. Eu non son do indie, nin do metal, nin punk nin nada. Non sei o que me gusta, depende de etapas e circunstancias. Veñen nenos de 15 anos e anciás de setenta e intento que atopen algo na música”.

Discos © Miguel Nuñez
Discos de Roger Waters e Óscar Avendaño / Miguel Núñez

Anos de experiencia descubrindo, desfrutando e ofrecendo obras de arte: “Ao principio non che gusta que custe traballo ao oído un disco, pero agora escoito algo e se me entra fácil de primeiras xa sei que está ben pero o poño dúas veces máis e aburriume. Prefiro escoitar algo e que se me preguntaran se me gusta, diría: non o sei. E que esa dúbida me leve a escoitalo outra vez, e outra. Outros din: ¡que raro!, e xa cortan con iso”.

Samuel aprende tódolos días, cos seus clientes: “Todos temos prexuízos ou equivocámonos. É máis interesante aprender que dar leccións”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...