InicioDeportesPiden a Carlos Mouriño, presidente do Celta, a creación dun equipo femenino

Piden a Carlos Mouriño, presidente do Celta, a creación dun equipo femenino

PUBLICADO O

O secretario xeral do partido galeguista Comprimiso por Galicia, nunha reunión mantida na sede do Real Club Celta con Carlos Mouriño, presidente celtista, trasladou a necesidade da creación dunha equipa feminina, igual que teñen a maioría dos clubes de fútbol da Liga.

Piñeiro Docampo instou ao presidente do Celta a que tome como súa esta iniciativa “e promova a visibilidade do deporte e das deportistas femininas”.

Diego Costa Celta de Vigo
Diego Costa, no Celta de Vigo /Miguel Nuñez

“Apostamos pola visualización das mulleres no deporte e somos conscientes da forza que o fútbol, como deporte maioritario, ten na sociedade. Neste sentido apelamos á creación da equipa feminina do Real Club Celta, procurando asi a normalidade e a igualdade na sociedade”, subliñan.

“Vivimos nunha sociedade onde as mulleres precisan dun espazo e dunha visualización que hoxe non teñen”, engadiu Docampo. Apela tamén a visibilidade doutras disciplinas e tamén a que o presidente do Celta teña o compromiso de potenciar seccións históricas do Celta, como poden ser as de atletismo ou a de baloncesto feminino, que hoxe en día xa nin sequera pertencen ao club.

Para os galeguistas o Celta é unha marca que representa a Galicia mais aló do fútbol, por iso precisa estender a sua imaxe noutros deportes. Neste sentido, remarcan que o celta é algo que transcende en moitos eidos o exclusivamente deportivo, representando o nome de Vigo e de Galicia por todo o mundo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...