InicioPolíticaO Vigo das luces supera tódalas previsións: "Que ninguén deixe de vir,...

O Vigo das luces supera tódalas previsións: “Que ninguén deixe de vir, temos sitio para todos”

O efecto chamada das Luces de Nadal está a funcionar aínda mellor do esperado e a bater récords.

PUBLICADO O

Un total de 65.000 persoas percorreron a zona da Farola de Príncipe entre as seis da tarde e as dez da noite do pasado xoves festivo, en só catro horas.

Este dato foi feito público polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación na que avanzou as boas cifras de ocupación hoteleira grazas ao alumeado de Nadal instalado polo Concello.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

“Isto era o que queriamos e o conseguimos”, sinalou o rexedor en referencia á masiva afluencia de visitantes que está a acadar a cidade desde que o pasado 24 de novembro foron acendidas as luces de Nadal na cidade.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

Caballero explicou que o nivel de afluencia foi “inconmensurable” e admitiu que “foi a vez que máis xente mirei” nas zonas de Porta do Sol, Príncipe, Farol de Urzáiz e cruce de Policarpo Sanz. Ademais, avanzou que as previsións de chegada de turistas son aínda máis optimistas para estes días e os vindeiros.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

Así, asegurou que ata o venres a ocupación hoteleira ronda o 70 por cento, pero para a fin de semana prevía o cheo total, que pronto será cuantificado. “Aínda así, que ninguén deixe de vir a Vigo, temos sitio para todos, non hai ningún problema de falta de prazas”, insistiu. Os datos dos hostaleiros apuntan que na seguinte fin de semana, entre o 14 e o 16 de decembro, a ocupación rondará o 80 por cento.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

Respecto á iniciativa do Bus Nadal, as cifras dos seis primeiros días desde a posta en funcionamento indican que case 2.000 persoas realizaron algunha das tres rutas por toda a cidade para desfrutar do alumeado.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

Abel Caballero tamén destacou que chegan visitantes desde todos lados de Galicia e España,por exemplo os 300 pasaxeiros que chegaron este sábado en seis autobuses procedentes de Zamora.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

“Podo dicir que houbo comercios e cafeterías que bateron todo os seus récords históricos de recadación”, afirmou o alcalde. O alcalde participou o venres na inauguración do Belén do Mercado de Teis posto en marcha polos comerciantes. O rexedor felicitounos pola iniciativa e trasladoulles os seus mellores desexos para estas festas.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

O éxito da campaña de Nadal en Vigo xa está a ter a súa repercusión en redes, como este de @galiciaenfureci, que critica o ascenso da dereita no sur de España con moita retranca.

ÚLTIMAS

Foanpas protesta pola “falta de limpeza” nos colexios e piden máis persoal á concesionaria municipal

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) protestou...

Vigo licitará un informe que permita coñecer se hai zonas con aluguer tensionado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello licitará un estudo para...

Dous anos de cárcere por facer tocamentos a unha muller nun coche en Redondela

Un home, que foi xulgado este martes na sala do Penal 2 de Vigo, enfróntase...

A IX Edición de Navaia abre o 21 de maio en Vigo con 533 expositores e máis de 1.000 marcas

A novena edición da Feira Internacional da Industria Naval (Navalia) abrirá as súas portas...