InicioSucesosSete anos de cárcere ao traficante vigués que agrediu a un cliente...

Sete anos de cárcere ao traficante vigués que agrediu a un cliente por pagarlle 10 céntimos de menos

O detido esixía 30 euros e nin un céntimo menos polo medio gramo que portaba.

PUBLICADO O

A Sala do Civil e Penal do TSXG vén de confirmar a condena de sete anos de cárcere que a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra lle impuxo a un veciño de Vigo por traficar con droga e tentar apuñalar a un consumidor que lle pagou dez céntimos menos dos 30 euros por medio gramo de heroína. A vítima logrou evitar que lle cravase a arma, pero resultou lesionada durante a pelexa para tratar de arrebatarlla.

Os maxistrados desestimaron o recurso de apelación presentado pola defensa porque consideran que a sentenza de primeira instancia está “fundada en suficiente proba de cargo”.

Ademais, o tribunal indica que o acusado ofreceu versións “ contraditorias” e “incompatibles” coas lesións que presentaba a vítima. O TSXG tampouco deu crédito a que as substancias estupefacientes comisadas na súa vivenda fosen para autoconsumo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...