InicioEconomíaZona Franca inviste 4 millóns de euros para abaratar a factura eléctrica...

Zona Franca inviste 4 millóns de euros para abaratar a factura eléctrica da planta de GKN Driveline

Esta obra supón para a planta industrial establecida en Balaídos un aforro anual dun millón de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Coa presenza do alcalde e presidente da Zona Franca, Abel Caballero, así como da directora xeral da planta, Consuelo Domínguez, e do delegado do Estado, David Regades, este mércores inaugurouse en GKN Driveline Vigo a nova subestación eléctrica.

Esta instalación permitirá á empresa a súa conexión á rede de distribución en alta tensión en lugar da anterior subministración en media tensión, co que se estima que a planta conseguirá uns aforros na factura eléctrica de máis dun millón de euros ao ano.

O alcalde resaltou o feito de que a subestación recibirá a enerxía desde a liña eléctrica de alta tensión que tamén está a dar xa servizo á nova depuradora de Vigo e que, para non duplicar instalacións, o Consorcio realizou a obra ao cincuenta por cento coa empresa pública Acuaes no tramo que chega ata a entrada do polígono.

Entre a execución do tendido da liña e o importe da propia obra da subestación, a Zona Franca realizou un investimento de catro millóns de euros. Para a directora xeral, Mª Consuelo Domínguez, “a posta en marcha da nova subestación supón un gran fito para GKN Driveline Vigo que, tras 45 anos de historia, pasa de recibir subministración eléctrica urbana a subministración eléctrica industrial o que, ademais de achegar maior estabilidade no mesmo, supón un gran aforro enerxético e económico para a nosa planta”.

Como explicou Regades este esforzo da Zona Franca por reforzar a competitividade das empresas instaladas en Balaídos vai repercutir na competitividade de GKN. O delegado subliñou que seguirá traballando para liquidar unha das deficiencias históricas das industrias de Vigo, como é a da subministración eléctrica.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...