InicioSociedadeDenuncian que a Xunta siga negociando con POVISA pese a ilegalidade de...

Denuncian que a Xunta siga negociando con POVISA pese a ilegalidade de non publicar as súas contas no rexistro

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Marea insta á Consellería de Sanidade a non ceder “ás chantaxes e usura” da empresa propietaria de Povisa e a garantir que calquera acordo relativo ao hospital vigués se vincule cunha mellora das condicións laborais da súa plantilla.

A deputada Eva Solla denuncia que o goberno galego consinta en continuar negociando sen ter en conta os datos económicos do último exercício. E é que, a pesar do seu deber legal de facelo, e das repetidas denuncias e reclamacións de En Marea ao respecto, a empresa non ten depositado aínda as contas do último exercicio económico no Rexistro Mercantil.

Para En Marea resulta “totamente inasumible que a Consellería de Sanidade estea negociando nestas condicións, e máis cando as contas da empresa non están depositadas aínda no Rexistro Mercantil”, indica Eva Solla, que se pregunta cal é a base sobre a que se están a asentar esas negociacións “cando non existe documentación algunha que acredite as supostas perdas económicas que a empresa atribúe ao hospital”.

Povisa/ Miguel Núñez

En Marea xa ten denunciado no Tribunal de Contabilidade da Auditoría de Contas a situación, e reclama que a administración tome medidas e non ceda ás chantaxes e presións dos responsables de Povisa.

E é que, tal e como destaca Eva Solla, “non é normal que a empresa estea aducindo unha serie de perdas e que as súas contas nin sequera sexan públicas”.

A formación lembra a precaria situación en que se atopa a plantilla do hospital vigués, co convenio colectivo paralizado desde 2010. E insta á Consellería de Sanidade a non ceder “á chantaxe continua que fai a empresa”, e a non consentir ningún acordo que non contemple a mellora das condicións laborais destes profesionais.

Para a deputada a situación actual supón unha auténtica burla aos profesionais de Povisa e á sanidade pública, “que ten que pagar cos seus recortes o mantemento desta empresa privada. Queremos que se presenten esas contas, e esperamos que o Tribunal de Contabilidade actúe para que sexan dunha vez por todas públicas”.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...