InicioSociedade"Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a...

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro reclama un modelo común en toda España, malia a oposición do Goberno central.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita acadar bos resultados en informes internacionais como PISA, pero non tanto na Proba de Acceso á Universidade (PAU), o que atribuíu a unha maior esixencia e coherencia no sistema educativo galego fronte a outras comunidades que, ao seu xuízo, “reducen a calidade”. Así o afirmou antes dun acto en Vigo, ao ser preguntado polas mellores notas da PAU que obteñen estudantes doutras comunidades que logo acceden a prazas universitarias en Galicia.

Segundo un informe estatal recente, Galicia situouse o ano pasado como a quinta comunidade con peor media na fase xeral da selectividade, cun 6,87, só por diante de Canarias, Comunidade Valenciana, Cataluña e Baleares. Neste contexto, Rodríguez insistiu na necesidade de avanzar cara a unha PAU “máis homoxénea e común”, malia a oposición do Goberno central. Defendeu que esta reforma permitiría garantir as mesmas oportunidades para todo o alumnado, independentemente do territorio.

O conselleiro acusou ao Executivo de Pedro Sánchez de equivocarse ao rexeitar unha proposta consensuada entre comunidades gobernadas polo PP e a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), que busca un sistema común e equitativo. Para Rodríguez, o importante non é tanto o tipo de proba –competencial ou memorística–, senón que haxa igualdade de oportunidades en todo o Estado.

As declaracións producíronse antes dun acto de recoñecemento aos 949 estudantes galegos que obtiveron as mellores cualificacións na PAU, procedentes de 214 centros. No evento, celebrado en Vigo e co respaldo dos reitores das tres universidades galegas e do alcalde, Abel Caballero, o conselleiro felicitou os galardoados polos seus resultados e animounos a manter o esforzo e a dedicación na etapa universitaria que iniciarán en setembro.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...