InicioSucesosDetida a directora dunha residencia por roubarlle 14.380 euros a un paciente

Detida a directora dunha residencia por roubarlle 14.380 euros a un paciente

PUBLICADO O

A ex directora dunha residencia da terceira idade da provincia de Pontevedra foi detida por un presunto delito de estafa ao aproveitarse do delicado estado de saúde dun interno para obter indebidamente diñeiro da súa conta corrente.

A investigación levada a cabo polo Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, iniciouse a partir da denuncia presentada por un amigo dun dos residentes. O denunciante informou a Garda Civil na súa denuncia que tiña un amigo de 82 anos ingresado nunha residencia da terceira idade e que desde o mes de novembro do ano pasado retiráranlle periodicamente diversas cantidades de diñeiro, que suman un total de 14.380 euros.

Segundo se pudo confirmar, fixéronse 31 reintegros a través de caixeiros automáticos en varias localidades da provincia (Vigo, Nigrán e Tomiño), utilizando o cartón da conta bancaria que este ancián tiña na habitación da residencia.

Anciáns / Sur de Chile, Photopin

Ultimamente, esta persoa non só tiña saldo negativo na conta, senón que, debido a esta circunstancia, tamén lle debía varias mensualidades ao centro. Ao coñecer da denuncia e o avanzado estado das investigacións, a directora da residencia, que xa aparecía como principal sospeitosa, optou por devolver a cantidade subtraída á xerencia do centro que lla reingresou integramente na conta do seu propietario.

A presunta autora da estafa foi cesada no cargo e despedida da empresa. Pola súa banda, a Garda Civil procedeu á súa detención por un suposto delito continuado de estafa e deberá comparecer, cando sexa citada, ante o Xogado de Instrución de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...