InicioPolíticaPorto e Concello manteñen posturas contrarias da responsabilidade do Marisquiño, que só...

Porto e Concello manteñen posturas contrarias da responsabilidade do Marisquiño, que só aclarará o xuíz

PUBLICADO O

- Advertisement -

En resposta ás declaracións realizadas polo Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, López Veiga, nas que defendía rotundamente que a competencia do peirao derrubado era do Concello e que por iso Porto de Vigo nin sequera a revisara, o conselleiro de Seguridade, Carlos López Font, vén de argumentar o contrario. Finalmente, só o proceso xudicial aclarará o acontecido.

López Font asegura que “lle corresponden ao Porto de Vigo todas as revisións e todo o mantemento dunha estrutura de formigón pilotada, realizada 15 anos antes da actuación Abrir Vigo ao Mar. O Porto sábeo perfectamente e por iso deu autorización para a “ocupación de diversas superficies portuarias” e para os concertos incluídos na 18º edición do Marisquiño”.

“O Porto de Vigo quere eludir as súas responsabilidades e a súa competencia plena desta
estrutura pero é tan evidente que non admite desculpa posible (…) Reiteramos que esta instalación é cualificada no Plan de Usos como zona portuaria naútico-deportiva e como todas as instalacións portuarias debe ser inspeccionada, mantida e revisada para que estea en perfecto uso polo Porto de Vigo”, lembra.

Carlos López Font/ Miguel Núñez

Polo tanto, segundo a argumentación do goberno local, “é unha zona patrullada pola policía portuaria e que dá servizo a un peirao náutico deportivo. Sábeo o presidente da Autoridade Portuaria, sábeo todo o Porto de Vigo e todos os que teñen un mínimo coñecemento… Toda a cidade sabe que iso é Porto de Vigo e sempre foi Porto de Vigo. O mesmo arquitecto encargado do proxecto de Abrir Vigo ao Mar recolle nesta actuación que fai un cubrimento de madeiras sobre un peirao existente”.

Para o PSOE, resulta claro que “o PP de Vigo e Núñez Feijóo están a seguir a estratexia de facer ruído, lles gusta o ruído. Ven que Vigo ten un imparable proceso de avance e mellora e tan so queren montar barullo para intentar parar a cidade. Pero o certo é que os feitos incontrovertibles sempre seguirán sendo que o peirao que se desplomou é unha dependencia portuaria, competencia e responsabilidade unicamente do Porto de Vigo”.

“Cabe lembrar tamén que o comportamento da cidade a noite do accidente foi excepcional e que unha parte moi importante do dispositivo foi dirixido polo alcalde da cidade. O
incuestionable é que o señor Feijóo esa noite non viu a Vigo e ignorou o sufrimento da xente afectada. Iso si, ao día seguinte apareceu na cidade para facer política partidista, que é o único que lle interesa”, concluíu.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...