InicioPolíticaO PP deixa en evidencia a Elena Muñoz ao non confirmar que...

O PP deixa en evidencia a Elena Muñoz ao non confirmar que investigará en Santiago o accidente do Marisquiño

PUBLICADO O

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprobou en rolda de prensa a actitude “escapista” de Abel Caballero, mais non aclarou se debería activarse ou non a comisión de investigación do Marisquiño, como suxerira a portavoz do seu partido na cidade de Vigo.

Insistiu en que a investigación “debería producirse no ámbito local”. Non aclarou tampouco a razón do desinterese do PP en avalar a comisión de investigación do sinistro de Angrois.

Pola súa banda, Porto de Vigo vén de confirmar que no revisou a zona accidentada porque “non ten dúbidas” de que o mantemento é competencia municipal. Remitiuse López Veiga a un convenio dos 90.

Manifestou tamén López Veiga a súa disposición a comparecer onde se lle requira. Por último, que exista un pacto entre Porto e Concello para tapar os feitos.

 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...