InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs nenos de Soutomaior pásanse ao "trash art" e converten refugallos en...

Os nenos de Soutomaior pásanse ao “trash art” e converten refugallos en obras de arte

PUBLICADO O

- Advertisement -

60 alumnos do IES de Soutomaior participaron este mércores nunha iniciativa municipal de concienciación ambiental. A actividade levouse a cabo en tres escenarios diferentes: as aulas, a praia e o patio do instituto, onde os alumnos realizaron as súas propias pezas de “ trash art”, arte realizada a partir de refugallos e residuos.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou aos alumnos durante os labores de recollida para comprobar de primeira man as reaccións dos alumnos. A xornada comezou cunha pequena charla informativa sobre o uso abusivo dos plásticos na nosa vida diaria.

Acción ecolóxica en Soutomaior/ Concello de Soutomaior

Ademais, os alumnos visualizaron varios vídeos e documentais sobre este problema e como debemos actuar para frealo. Ao termo da sesión nas aulas, os alumnos dirixíronse á praia do Puntal, en Arcade. En total, os mozos recolleron máis de 50 sacos de residuos procedentes “da escasa conciencia ambiental da nosa sociedade”, indicou o alcalde, Agustín Reguera, “é algo que queremos cambiar desde a base, traballando desde a educación. Por iso promovemos estas actividades, porque son creativas, son lúdicas e sobre todo, son as máis efectivas”, concluíu.

Os alumnos estiveron acompañados por varios profesores e técnicos que foron explicando aos mozos moitos detalles de como eses desfeitos chegaron aí, cal era a súa finalidade inicial ou que perigos representa para a flora e fauna local. Tras a recollida, os alumnos regresaron ao centro escolar para completar a actividade cunha proposta orixinal, realizar as súas propias obras de arte dentro da corrente “ trash art”. Un movemento que pretende dar unha nova vida aos residuos da actividade humana converténdoos en pezas artísticas cunha historia e un significado claro: só hai un planeta e debemos coidalo.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...