InicioVigo e contornaTres feridos no incendio e explosión da nave anexa ao complexo da...

Tres feridos no incendio e explosión da nave anexa ao complexo da antiga Pontesa

PUBLICADO O

Sobre as 16:00 horas da tarde do domingo un veciño da zona alertaba ao 112 de fume nunha nave anexa á fábrica da antiga Pontesa na parroquia de Ponte Sampaio, Pontevedra.

O lume orixinouse nunha queima controlada de grans de soia no interior da nave por parte de operarios do propio almacén. Por causas aínda descoñecidas a queima afectou á cuberta e provocou que se espállase rápidamente.

Unha vez insitu os equipos de emerxencia e operarios do almacen conseguiron retirar e controlar o incendio inicial retirando a soia ardendo. Cando daban por extinguido o lume inicial, produciuse unha explosión que deu lugar a un incendio que espallouse rápido e que obrigou a cortar a N-550.

Fontes sinalan que os cereais poideron ser o combustible que orixinou esa deflagración que expallou o lume, dada a virulencia da mesma.

Ata o lugar desprazáronse varias dotazóns de bombeiros de Pontevedra, Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e Protección Civil de Soutomaior. O lume xa está controlado polos bombeiros, e calcinou unha das estruturas, aínda que as contiguas están fóra de perigo.

A Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, Platerga. A estrada reabría preto das 21,00 horas tras permanecer cortada desde o km 132.2 en Paredes ata o 133.6, en ambos os sentidos, desde as 19,00 horas. Tamén a esta hora, o propio Concello de Pontevedra informaba de que os bombeiros confirmaron que o incendio xa foi controlado.

Segundo informou o 112, co Platerga “garántese a coordinación entre os organismos mobilizados para facer fronte á situación de risco”. Na zona traballan os Bombeiros de Pontevedra, do Morrazo, de Ribadumia, a AVPC de Soutomaior, a Garda Civil e a Policía Local. Ademais, están a empregarse dúas cisternas da Axencia Galega de Emerxencias de gran capacidade para fornecer auga aos medios desprazados.

TRES FERIDOS

Pola súa banda, o 061 informou de que recibiron a alerta do incendio ás 18,09 horas. Ao lugar desprazaron dúas ambulancias asistenciais de Soporte Vital Avanzado e outra de Soporte Vital Avanzado Enfermeiro de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061.

Polo momento atenderon a tres feridos por queimaduras, dous deles socorridos no propio lugar –uno dado de alta do que non constan datos e outro, un home de 44 anos–, así como outro de 59 anos que foi trasladado ao Hospital da Coruña con queimaduras de consideración.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...