InicioSociedadeO Concello de Vigo promocionará o seu Nadal en decenas de cidades...

O Concello de Vigo promocionará o seu Nadal en decenas de cidades de España e Portugal

Instalará máis de 480 mupis publicitarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello promocionará as súas festas do Nadal en decenas de cidades de España e Portugal a través da instalación de máis de 480 mupis publicitarios.

Tal como indicou Caballero na súa rolda de prensa diaria, o Nadal de Vigo aparecerá en multitude de paneis de cidades galegas e do resto de España como Barcelona, Oviedo, Santander, Vitoria, Burgos ou Madrid. Só na capital haberá ata 100 mupis, 40 máis que o ano pasado. Pola súa banda, case 100 publicidades serán instaladas en Portugal, en localidades como O Porto, Braga ou Coimbra, entre outras.

Segundo informou o rexedor olívico, estes mupis non suporán un custo extra para as arcas públicas, xa que forman parte dun contrato xa establecido con JCDecaux. Ademais, tal como reivindicou, esta promoción únese ás súas propias aparicións nas televisións nacionais, que tamén son a “custo 0”. Abel Caballero volveu a insistir na importancia que ten o Nadal para a cidade, ao supor a chegada de miles de turistas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...