InicioVigo e contornaVigoVigo baixará un 50% o IBI para as vivendas con instalacións de...

Vigo baixará un 50% o IBI para as vivendas con instalacións de enerxías renovables

"Imos favorecer enerxías limpas e alternativas que axuden a paliar a alza dos prezos da enerxía. Fomentamos a transición a enerxías limpas de menor custo para a cidadanía", reivindicou o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno local de Vigo levou este mércores ao pleno a modificación da Ordenanza Fiscal Xeral para a rebaixa do Imposto de Bens Inmobles (IBI) aos cidadáns que contan con instalacións de enerxías renovables, como solar, nas súas vivendas ou edificios.

Tal como explicou o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, esta rebaixa será do 50% durante tres anos desde a súa instalación. Ademais, as persoas que o fixesen con anterioridade tamén terán un réxime transitorio.

Imos favorecer enerxías limpas e alternativas que axuden a paliar a alza dos prezos da enerxía. Fomentamos a transición a enerxías limpas de menor custo para a cidadanía”, reivindicou.

Entre outras cousas, este mércores o Concello olívico tamén aprobou no seu consello de xerencia urbanística a selección de obras das novas fases de rehabilitación e renovación. Así, serán un total de 147 actuacións por un importe de máis de 2,31 millóns de euros.

Tamén aprobou a primeira selección de obras da convocatoria de remanentes dos plans 2013-2016 e a súa prórroga, sumando 21 obras máis con 80.000 euros.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...