InicioCulturaA UVigo lidera unha das principais tecnoloxías que definirán as comunicacións seguras...

A UVigo lidera unha das principais tecnoloxías que definirán as comunicacións seguras do futuro

A intención é lanzar un satélite comercial geoestacionario para comunicacións cuánticas, algo que, se todo sae ben, podería producirse en 2025.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) está a liderar un dos paquetes de traballo de Caramuel, a primeira misión satelital en órbita geoestacionaria para comunicacións cuánticas, unha das principais tecnoloxías que definirá as comunicacións seguras do futuro.

Financiado pola Axencia Espacial Europea e liderado pola empresa Hispasat, este estudo reúne a múltiples compañías e organismos de relevancia internacional co obxectivo de desenvolver unha carga útil que sitúe a España á vangarda das comunicacións espaciais seguras. A misión Caramuel conta con diferentes fases. Na actualidade atópase na fase A, onde a UVigo participa liderando o paquete de traballo relacionado coa avaliación de protocolos.

“O obxectivo final é destilar unha clave secreta. Unha serie de números (ceros e uns) totalmente aleatoria que é igual entre o emisor e o receptor, garantindo a súa seguridade. É dicir, que ningún posible atacante poida ter acceso á información”, indicou o responsable deste proxecto na Universidade de Vigo, Marcos Curty.

Segundo explicou, a intención é lanzar un satélite comercial geoestacionario para comunicacións cuánticas, algo que, se todo sae ben, podería producirse en 2025. Tal como recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), a aparición dos computadores cuánticos permite unha potencia computacional moito maior que a dos computadores tradicionais para determinados problemas.

“Isto suporía un cambio de paradigma nas comunicacións seguras, xa que atacantes con ordenadores cuánticos poderán descifrar as encriptacións actuais en cuestión de segundos. Por iso, é fundamental o desenvolvemento dun sistema que permita enviar información coas garantías necesarias en contornas de comunicacións gobernamentais, xestión de infraestruturas críticas e aplicacións e servizos de interese económico, ambiental ou tecnolóxico, así como grandes corporacións”, explica.

“A criptografía clásica non pode garantir a seguridade das comunicacións, salvo que a capacidade computacional dun atacante estea limitada, e co desenvolvemento dos computadores cuánticos a seguridade das comunicacións actuais está seriamente ameazada”, engadiu Curty.

Ademais de liderar o paquete de traballo de avaliación de protocolos, a UVigo tamén participa no comité asesor desta misión, encargada de supervisar o conxunto de tarefas que se fixeron e que están por facer.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...