InicioSociedadeFredi Leis actuará en Vigo o próximo 25 de novembro

Fredi Leis actuará en Vigo o próximo 25 de novembro

O cantautor presentará o seu novo álbum 'Temas Privados'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo cantautor compostelán Fredi Leis ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o próximo 25 de novembro, que se enmarca dentro da programación musical do Xacobeo 21-22. Así o anunciou este martes a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, quen realizou a presentación do evento xunto ao director da axencia Art Music Agency, Alberto Alfonso.

Desta maneira, Fredi Leis presentará por primeira vez en Vigo o seu novo álbum ‘Temas Privados’. “Cun estilo moi propio que destaca polas súas letras poéticas, melodías sinceras e arranxos intimistas, o cantautor lembrará éxitos de traballos anteriores e presentará, por primeira vez en directo, o seu novo disco, un proxecto con 10 cancións inéditas como ‘A Novena”, indicou a organización nun comunicado.

As entradas sairán á venda na plataforma Ataquilla este 15 de setembro ás 10,00 horas. “O Xacobeo seguirá moi presente en Vigo durante os últimos meses do ano e aínda quedan varias citas para gozar da música”, reivindicou Fernández-Tapias.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...