InicioSucesosFeridas tres persoas nunha saída de vía en Vigo

Feridas tres persoas nunha saída de vía en Vigo

Tamén se produciu unha colisión entre unha furgoneta e un camión en Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas ao saírse da vía o coche no que circulaban por Vigo preto das 23,30 horas do pasado luns. Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro produciuse na rúa Doutor Corbal. O aviso chegou por parte do 061, por mor do cal se mobilizou a Policía Local e bombeiros.

ACCIDENTE EN TUI

O 112 Galicia tamén informa dunha colisión entre unha furgoneta e un camión en Tui, ocorrida despois das 8,15 horas deste martes na A-55, no punto quilométrico 25. A alerta chegou por parte dun dos implicados. Os servizos de emerxencia desprazáronse ata alí para restablecer as condicións de seguridade na A-55, posto que o camión transportaba 500 litros de gasoil e perdeu parte da carga na vía.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...