InicioSociedadeA UNED seguirá tendo unha aula en Vigo

A UNED seguirá tendo unha aula en Vigo

A administración local continuará cedendo de forma gratuíta o espazo no Auditorio Mar de Vigo, facéndose cargo dos gastos da súa utilización.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director do campus noroeste da UNED, Víctor Manuel González Sánchez, asinaron este martes un novo convenio de colaboración para o mantemento da aula que a institución académica ten na cidade.

Así, a administración local continuará cedendo de forma gratuíta o espazo para a UNED no Auditorio Mar de Vigo, facéndose cargo dos gastos da súa utilización. Ademais, o Concello achegará 225.000 euros para gastos de profesorado.

Segundo lembrou o alcalde, a UNED abriu as súas portas na cidade en 2013 e, actualmente, oferta 13 titulacións, superando no último curso os 1.100 alumnos. Entre a oferta académica están os graos de Turismo, Psicoloxía, Pedagoxía, Enxeñaría Informática, Enxeñaría en Tecnoloxías da Información, Historia da arte, Xeografía e Historia, Estudos Ingleses, Educación Social, Dereito, Ciencias Ambientais, Ciencias Políticas e da Administración e ADE.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación puxo en valor o esforzo económico do Concello, que “crece con cada convenio”, e proclamou que Abel Caballero “é o alcalde da cidade que maior compromiso tivo coa UNED”. Así mesmo, apuntou, a Deputación é a administración que máis recursos dedica aos centros de educación a distancia da provincia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...