InicioVigo e contornaVigoDani Martín, "pétao" en Vigo e sitúase como o concerto con máis...

Dani Martín, “pétao” en Vigo e sitúase como o concerto con máis público da historia de Castrelos, segundo Caballero

Superou así a Sting e Leiva, entre outros.

PUBLICADO O

O cantante español Dani Martín reuniu este pasado mércores en Vigo a unhas 90.000 persoas, segundo datos do Concello, polo que se converteu no concerto con máis afluencia de público da historia do auditorio de Castrelos. Así o sinalou este xoves na súa rolda de prensa diaria o alcalde, Abel Caballero, quen reivindicou que Dani Martín “o petou” na cidade cunha actuación “magnífica”.

Caballero aproveitou para facer balance dos concertos en Castrelos, que terminaron con Dani Martín e que este ano congregaron a unhas 615.000 persoas ao longo de todo o verán, con outras citas como a de Sting (80.000) ou Sebastián Yatra e Leiva, con 60.000 persoas en cada ocasión.

Precisamente en Castrelos, esa mesma noite derrubouse unha árbore contra un muro do parque, provocando danos no enreixado pero sen causar feridos. Caballero indicou que o exemplar tiña problemas nas súas raíces e estaba a ser monitorado polo Concello. Con todo, acabou caendo de forma fortuíta.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...