InicioVigo e contornaVigoDetido un mozo en Vigo por quebrantar unha orde de afastamento

Detido un mozo en Vigo por quebrantar unha orde de afastamento

Foi localizado tras unha forte discusión cunha muller.

PUBLICADO O

Un mozo de 31 anos foi detido en Vigo por quebrantar unha orde de afastamento de 200 metros a unha muller, ditada polo Xulgado do Penal n°1 da cidade olívica. Na madrugada do pasado 12 de agosto, a Sala de Comunicación do 092 da Policía Local de Vigo recibiu unha chamada por unha forte discusión.

Ao acudir ao lugar, os axentes comprobaron que sobre a cama dunha das habitacións estaban tendidos un home e unha muller. Ambos manifestaron ser parella, e que convivían, así como que, minutos antes tiveran unha acalorada discusión sen maior transcendencia.

O home comezou a insistir á muller para que abandonase o inmoble e fora trasladada a outro piso. No entanto, comprobouse que o home, JPR, de Vigo e 30 anos de idade, contaba cunha orde de afastamento, polo que se procedeu á súa detención.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...